IGUALDADE

Últimas semanas para participar na edición 2019 do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual "Xohana Torres"

10/12/2019

O vindeiro 31 de decembro remata o prazo para presentar traballos á convocatoria 2019 do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres. Pode concorrer calquera persoa física ou agrupacións de persoas sen personalidade xurídica e os traballos deben tratar da participación social e política das mulleres e ter como obxectivo reconstruír a súa memoria histórica. Poden ser ensaios literarios ou científicos, mais tamén pezas audiovisuais sobre as mulleres galegas.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Autorizado o novo protocolo entre Concello e Xunta para a mellora das entradas dos Camiños de Santiago

10/12/2019

A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, aprobou a sinatura dun protocolo de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Cultura e Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago, para a mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago. Este novo protocolo derívase do asinado en febreiro de 2017 e supón modificar as obrigas a fin de optimizar as actuacións previstas.

Leer más

CONSORCIO

Cinco escritores galegos únense para relatar a historia da cidade de Santiago, movéndose entre o literario e o fantasioso

10/12/2019

O Consorcio de Santiago e Urco Editora publican Longas sombras na pedra, un conxunto de relatos en torno á historia da cidade de Santiago escritos por María Alonso, David Botana, Héctor Cajaraville, Cris Pavón e Mariña Pérez Rei. A publicación presentouse este martes na Fundación Torrente Ballester. No acto estiveron, ademais dos autores dos textos, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; o...

Leer más
Compartir: