ACCIÓN CULTURAL
Valle-Inclán recibe un ano máis a súa bufanda vermella
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este mañá no paseo dos Leóns da Alameda ao acto de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María del Valle-Inclán, organizado pola Fundación Granell, en colaboración co Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Tamén asistiron a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e varios membros da Corporación municipal.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas o 27 de febreiro en El Rubio (Sevilla) e o 3 de marzo en Villanueva de Gállego (Zaragoza), vítimas da violencia machista.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela acolle o 30º Encontro Internacional de xestores do programa Erasmus para Mozos Emprendedores en Europa
Este evento, promovido pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio de Uninova e do Concello de Santiago, reunirá ao longo do día de hoxe e maña, xestores do programa europeo Erasmus para Mozos Emprendedores procedentes de 38 países. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aproveitou a ocasión para manter un encontro cos representantes da EISMEA, axencia xestora do programa en Bruxelas, e tamén asistiu á sesión inaugural esta mañá para darlle a benvida aos participantes.