CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os Centros Socioculturais lanzan o programa "Maio das Letras 2022"
Un ano máis, a rede de bibliotecas dos Centros Socioculturais de Santiago presenta unha programación específica baixo o título "Maio das Letras 2022", adicada este ano ao poeta, editor, activista cultural e abogado Florencio Delgado Gurriarán, a quen se rende homenaxe con motivo do Día das Letras Galegas como unha das figuras clave da nosa cultura no exilio. Arredor desta celebración, proponse unha ampla oferta de actividades dirixidas tanto á animación da lectura, como ao fomento da creatividade e á actividade...
EDUCACIÓN
Aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros de verán nas Escolas Infantís Municipais
As Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, ofertan para este verán un total de 45 prazas dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 8 anos. Os Obradoiros de verán convértense así un ano máis nunha proposta lúdica de calidade para os máis pequenos da casa, ao tempo que se favorece a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias nos períodos extraescolares.
BARRIOS E OBRAS
Nos primeiros meses do ano a concellaría de Obras realizou actuacións de mantemento en 69 beirarrúas de distintos barrios da cidade
O Concello de Santiago realizou actuacións de mantemento, entre o 1 de xaneiro e o 20 de abril, sobre 69 beirarrúas de distintos barrios da cidade. Son datos aportados polo concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, quen anunciou que a próxima semana está previsto que comecen os traballos de pavimentación de rúas. Explicou ademais, que xa comezou a roza de viarios municipais e que está en licitación o contrato de desbroce de parcelas municipais que, como en anos anteriores, se lle adxudicará a centros especiais de...