COMERCIO

"Prima 22. A festa do comercio local" dinamizará na segunda fin de semana de xuño diferentes barrios da cidade

30/05/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, animou ao sector comercial e ás asociacións a participar na terceira edición de "Prima 22. A festa do comercio local", que se desenvolverá o xoves 9, o venres 10 e sábado 11 de xuño de 2022 en distintos barrios de Santiago. Un evento, sinalou o rexedor, "que pretende reforzar a aposta do Concello de Santiago polo comercio local e de proximidade". Ademais do alcalde, na presentación estivo presente a técnica responsable da área de Comercio, Lucía...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as listaxes de admitidos nas escolas infantís e os prazos de inscrición no programa municipal de conciliación para este verán

30/05/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído, así como as listas de agarda, nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, as Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2022-2023. Tamén aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do programa municipal de conciliación de verán 2022, que se desenvolverá en seis quendas entre o 23 de xuño e o 9 de setembro, nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes.

Leer más
Compartir: