ALCALDÍA
Recepción ao embaixador alemán, Wolfgang Dold
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o embaixador da República Federal de Alemaña en España, Wolfgang Dold. No acto tamén participaron o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, e os voceiros municipais de PP, Alejandro Sánchez-Brunete; Compostela Aberta, Martiño Noriega; e BNG, Goretti Sanmartín.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"12 doces do outono" une un ano máis gastronomía e artes escénicas na rede de centros socioculturais
A Rede de Centros Socioculturais pon en marcha unha nova edición do programa 12 doces do outono, unha aposta pola programación familiar, que xunta as artes escénicas coa gastronomía propia da estación. As 12 actividades desenvolveranse en 12 centros socioculturais os domingos 27 de outubro e 3, 10 e 17 de novembro.
MEDIO RURAL
A realización dun mural en directo por Yoseba MP ou o concerto de Inmaculate Fools, propostas destacadas do FICRURAL
O Foro Internacional da Economía e da Cultura Rural acolle do 26 ao 28 de setembro o seu programa central na Fundación Laboral da Construción. Entre as propostas destaca a realización dun mural en directo a cargo de Yoseba MP, dentro da súa serie Fenómenos do rural, e a actuación de Inmaculate Fools o sábado.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido o pasado 18 de xuño en Viladecans (Barcelona), pero confirmado este luns.
EDUCACIÓN
Noa Díaz visita as escolas infantís municipais
A concelleira de Educación, Noa Díaz, visitou este martes as escolas infantís municipais de Fontiñas, Meixonfrío-Salgueiriños e Conxo. Noa Díaz sinalou que non foron antes "porque os pequenos estaban en pleno proceso de adaptación", pero que puideron comprobar que este comezo de curso "transcorreu con normalidade".
ALCALDÍA
O Concello prepara unha ordenanza reguladora dos pisos de aluguer
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón; asistiron ao almorzo de traballo organizado por AGALIN, a Asociación Galega de Inmobiliarias. O rexedor sinalou que se está traballando para resolver os problemas derivados dos pisos destinados a aluguer turístico.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Máis de 3.000 vehículos controlados e 15 denuncias na última campaña da Policía Local de control das distraccións ao volante
A Policía Local participou entre o 16 e o 22 de setembro nunha nova campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico, desta vez centrada nas distraccións na condución. Os/as axentes controlaron 3.326 vehículos, cun total de 15 denuncias, o que supón o 2,22% do total de automóbiles inspeccionados.