TURISMO

Comezan as probas de selección das tapas do XIV Santiago(é)tapas

27/09/2022

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, asistiron esta mañá na sede desta entidade ao arranque das probas de selección das tapas do XIV Santiago(é)Tapas. Todas as propostas deberán ser avaliadas por un xurado profesional antes de poder participar no concurso.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Os Premios Youtubeiras abren hoxe o prazo de inscrición da súa sexta edición e desvelan a composición do xurado que decidirá en xaneiro as persoas gañadoras

27/09/2022

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, entre eles o de Santiago, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, abre hoxe o prazo de inscrición para a sexta edición dos seus premios.

Leer más
Compartir: