FESTAS

As obras na terraza de Raxoi non permitirán realizar este ano a recepción veciñal con motivo dos fogos fin de festa

31/07/2017

Rematan as festas do Apóstolo máis descentralizadas dos últimos anos cunha xornada que vén marcada pola música e os fogos fin de festa, tradicionalmente coñecidos como "fogos pequenos". Nesta ocasión, debido aos traballos que se están a realizar no patio oeste do Pazo de Raxoi, non se poderá realizar a recepción veciñal, tras a cal os/as asistentes presenciaban estes fogos fin de festa dende as terrazas, agora ocupadas polas obras.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Feito a Man aumenta a súa programación e acolle case 80 espectáculos do 3 ao 30 de agosto

31/07/2017

Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. O Concello de Santiago colabora na décimo cuarta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, que terá lugar do 3 ao 30 de agosto, con máis días de programación, máis concertos e máis artistas.

Leer más

FACENDA

Remata esta noite o prazo para apoiar as propostas aos orzamentos participativos

31/07/2017

O proceso dos orzamentos participativos Compostela Decide segue o seu curso. Hoxe ás 23:59 remata o prazo para apoiar as propostas achegadas pola veciñanza. As máis apoiadas pasarán a ser avaliadas nos vindeiros días polos servizos municipais para comprobar que son viables tecnicamente e determinar o seu custo. Será en setembro, a partir do día 22, cando as persoas rexistradas poidan votar finalmente as propostas de investimentos e actividades que consideren máis necesarias para Santiago.

Leer más

FESTAS

As festas do Apóstolo, fieis á súa cita co traxe galego

29/07/2017

Unha das citas máis tradicionais das festas do Apóstolo segue sendo o Día do Traxe Galego. A cidade volveu así vestirse de gala para vivir a XXXVIII edición deste evento, que pon en valor as nosas vestimentas tradicionais, contribuíndo así tamén á súa conservación.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Os novos pregos do Servizo de Axuda no Fogar duplican o investimento e as horas de atención domiciliaria

28/07/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou este venres as características no novo prego do Servizo de Axuda no Fogar, que foi aprobado a semana pasada pola Xunta de Goberno. Destina 1.979.656,25 euros ao ano, o que supón duplicar a contía en relación ao último prego aprobado en abril de 2015.

Leer más
Compartir: