ALCALDÍA

A Xunta de Goberno aproba a liquidación das contas de 2018 das empresas de transporte urbano Tralusa, Autos Carballo e Hermanos Ferrín

28/06/2019

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a liquidación das contas de 2018 de tres empresas de transporte público, "Tralusa", "Autos Carballo", e "Hermanos Ferrín", recoñecéndolle o déficit. Era un trámite necesario, segundo explicou en rolda de prensa o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, para poder solicitar a subvención de transporte público convocada polo Goberno de España.

Leer más

PLENO

Celebrado o pleno de organización do Concello

28/06/2019

Esta mañá o pleno do Corporación reuniuse en sesión extraordinaria para tratar os puntos relativos á organización do mesmo. Así, decidiuse a periodicidade das sesión, a creación e composición das comisións, a representación dos grupos nas distintas entidades municipais ou o réxime de indenmizacións e dedicacións exclusivas dos membros das corporación.

Leer más

POLÍTICAS DE IGUALDADE

O Concello de Santiago súmase á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI

28/06/2019

O Concello de Santiago sumouse hoxe á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI. Membros do goberno, entre eles o alcalde e a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, e da corporación asistiron na praza do Obradoiro á lectura dun manifesto no que o movemento pola diversidade afectivo-sexual e de xénero de Compostela reclamaba o dereito "a ser, a sentir, a expresarmos, a vivir con dignidade, a non sermos cuestionadas, a non encasillarnos nun sistema binario e pechado e a amar a quen e como queiramos".

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde participa na apertura do III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia, que se celebra en Santiago

27/06/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na apertura do III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia, CIAG, que se desenvolve durante toda a xornada na cidade da Cultura. O obxectivo do encontro é aportar coñecemento sobre o futuro do sector, as oportunidades que ofrece o soporte a aeronaves en servizo, e os proxectos que se están desenvolvendo no ámbito das naves non tripuladas.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

A concelleira de Políticas Sociais recibe un grupo de persoas xordocegas que rematou hoxe o camiño de Santiago

27/06/2019

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, recibiu hoxe na praza do Obradoior as persoas con xordocegueira e os seus mediadores tras finalizar un tramo do Camiño de Santiago. Trátase dunha inciativa organizada por FESOCE, a Federación Española de Sordo Ceguera, e Xoga, a Asociación de Discapacidade Sensorial de Galicia. Na recepción tamén estaban presentes os concelleiros Alejandro Sánchez-Brunete, do grupo popular; Martiño Noriega, de Compostela Aberta; e Navia Rivas, do BNG.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Santiago acolle do 3 ao 7 de xullo a quinta edición da feira de creación e innovación Maker Faire Galicia

26/06/2019

A Maker Faire Galicia celebra este ano 2019 a súa quinta edición, consolidándose como a máis importante da península, tanto en número de makers como de expositores. Ademais pasa de 3 xornadas a 5, con 3 días específicos para público profesional e 2 abertos a todos os públicos. O alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, presentou en rolda de prensa o evento acompañado pola directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel, Vázquez Reboredo, e os organizadores Yolanda Iglesias e Rubén...

Leer más

ALCALDÍA

A Xunta de Voceiros reúnese para preparar o pleno de organización deste venres

25/06/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, trasladoulles esta mañá a súa proposta aos os voceiros dos grupos con representación na corporación, Agustín Hernández (PP), Martiño Noriega (CA), Goretti Sanmartín (BNG) e Sindo Guinarte (PSOE). Na mesma establécese que o grupo de goberno, o PSOE, tería dez dedicacións exclusivas: a do alcalde máis nove concelleiros. O PP tería dúas; Compostela Aberta, 1,64; e o BNG, unha.

Leer más
Compartir: