PLENO
O alcalde sinala no debate do estado do municipio como obxectivos prioritarios para o 2021 o apoio aos máis vulnerables, aos sectores máis afectados pola pandemia e a aposta pola reactivación económica
Este sábado 30 de xaneiro tivo lugar o debate do estado do municipio, no que o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fixo un repaso da xestión municipal ao longo do ano pasado e marcou os obxectivo para o 2021, entre os que destacou a atención aos máis vulnerables, aos sectores que se están vendo máis prexudicados pola pandemia, a aposta por medidas que permitan a reactivación social e económica, así como seguir avanzando na folla de ruta definida no acordo subscrito por todas as forzas políticas...
PLENO
Mañá terá lugar o debate sobre o estado do municipio, que se poderá seguir por streaming
Mañá, sábado 30 de xaneiro, ás 10:00 horas, terá lugar o debate sobre o estado do concello, o primeiro deste mandato. Os cidadáns que o desexen poderán seguir este Pleno extraordinario a través da web municipal, accedendo a través do enlace que estará visible na portada da páxina.
ASESORÍA XURÍDICA
Nota aclaratoria a respecto das sentenzas do TSXG sobre pisos turísticos
Ante as chamadas recibidas na Asesoría Xurídica a respecto das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre pisos turísticos, o Concello de Santiago informa do seguinte:
ALCALDÍA
Presentado o anteproxecto de orzamentos de 2021 do Concello de Santiago, que supera os 125 millóns de euros
O Concello de Santiago contará este ano cun presuposto de 125.203.285,67 euros, segundo o anteproxecto de orzamentos para 2021 presentado hoxe polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal. Un anteproxecto que, segundo explicou o rexedor, se presentou esta mesma mañá, ao resto de grupos da Corporación Municipal. A partir de agora, sinalou, "imos abrir un periodo de participación e aportacións"....
PLENO
O Pleno aproba mocións conxuntas de respaldo ao sector das perruquerías e de solidariedade coa hostalería
O Pleno da Corporación celebrou este xoves a súa sesión ordinaria na que, ademais de sumarse ás reclamacións do colectivo das perruquerías, barberías e centros de estética a respecto da rebaixa do IVE ao 10%, se aprobou por unanimidade unha moción conxunta en solidariedade coa hostalería do municipaio e outra para designar fillo adoptivo o fotoxornalista Emilio Lavandeira Prieto. Tamén se deu conta da aprobación definitiva da modificación da ordenanza que exime do pago da taxa de terrazas aos locais de...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago destina 410.000 € en axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e o mantemento da envolvente exterior dos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa "Terémanter", dirixido á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas -en particular as reixas tradicionais- e ao mantemento da envolvente exterior dos inmobles da cidade histórica de Santiago. A través destas axudas búscase ademais apoiar a mellora da eficiencia enerxética e o illamento acústico dos edificios. O organismo interadministrativo destinará a esta convocatoria un importe global de 410.000 euros. O prazo para solicitar estas...
CORONAVIRUS
Restricións vixentes en Santiago dende hoxe, mércores 27 de xaneiro
Consulta no documento adxunto as medidas restritivas vixentes na cidade dende hoxe, mércores 27 de xaneiro, e ata o 17 de febrero, acordadas pola Xunta de Galicia para conter o avance da pandemia provocada pola COVID-19.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia cancela todas as súas actividades durante as vindeiras tres semanas debido ás restricións sanitarias
Con motivo das restricións sanitarias e seguindo o principio de máxima cautela, a Real Filharmonía de Galicia cancelas todos os concertos -tanto no Auditorio de Galicia como por streaming- e toda a actividade que tiña prevista para as vindeiras tres semanas.
URBANISMO
O goberno municipal ten previsto levar ao pleno de febreiro o texto refundido da Modificación puntual do PE-1, adaptado ás últimas sentenzas xudiciais sobre as vivendas turísticas
O goberno municipal ten previsto levar ao pleno ordinario do mes de febreiro o texto refundido da Modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial, introducindo os cambios motivados polas diferentes sentencias xudiciais relacionadas coas vivendas turísticas. A última delas é a sentenza 16/2021 de 19 de xaneiro ditada polo TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) e interposta por AVITURGA, a Asociación de...
XUVENTUDE
Ábrese o prazo de inscrición no programa de cursos en liña do Centro Xove da Almáciga
Hoxe ábrese o prazo de inscrición no programa de cursos en liña do Centro Xove, presentado esta mañá polo concelleiro de Mocidade, Rubén Prol. As dúas primeiras actividades formativas son "Laboratorio de guitarra 1" e "Iniciación á técnica vocal". Segundo explicou o concelleiro, a idea é ir incorporando novos cursos mes a mes, "co obxectivo de contar, a un ano vista, cunha formación en liña realmente ampla e variada sobre temas de interese".