ACCIÓN CULTURAL
A MICE celebra a súa 15ª edición do 25 ao 29 de agosto cun formato que combina actividades presenciais e online
O 25 ao 29 de agosto celebrarase a 15ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que contará cun formato mixto no que se combinarán as actividades online e presenciais. A Sección Oficial desta edición está composta por quince filmes, nos que destaca a presenza de obras europeas e asiáticas que pasaron por festivais como a Visions du Réel ou DocLisboa. Dez destes filmes terán na MICE a súa estrea española.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas mulleres asasinadas en Corral-Rubio (Albacete), o 5 de agosto; Línea da Concepción (Cádiz), o 8 de agosto; e La Granja (Segovia), este pasado sábado; e polo menor asasinado este domingo en Cabanes (Castellón).
XUNTA DE GOBERNO
Novas tarifas para os estacionamentos de Belvís, Xoán XXIII e Salgueiriños
A Xunta de Goberno Local, na súa reunión ordinaria deste luns aprobou a revisión de tarifas dos aparcadoiros municipais xestionados pola empresa municipal TUSSA. Acordáronse subas nos prezos dos aparcadoiros de Belvís, Xoán XXIII e Salgueiriños, motivados polo incremento dos custos de persoal e dos gastos de explotación.