ACCIÓN CULTURAL
Dúas cita extraordinarias para celebrar o equinoccio de outono no festival Alguén que respira!
O festival de Alguén que respira! 2021 reúne este martes no Teatro Principal de Compostela a Olga Novo, Chus Pato, Eva Veiga, Luz Fandiño, Elvira Riveiro, Yolanda Castaño, Andrea Nunes, Luz Pichel, Alba Cid e Miriam Ferradáns. A terceira edición neste ano do festival foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e polo director do certame, Antón Lopo.
DEPORTES
Santiago acolle o domingo 26 o relevo final da carreira "Red Bull Buen Camino"
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou en rolda de prensa a carreira de relevos que percorrerá o Camiño Primitivo dende o día 24 ata o día 26. Os participantes partirán de Oviego e chegarán a Santiago, despois de 314 quilómetros. A edila estivo acompañada polo organizador do evento, Jesús Rodríguez.
DEPORTES
Aberto dende o 21 de setembro ao 5 de outubro o prazo para solicitar as axudas ao deporte federado
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, anunciou en rolda de prensa a apertura do prazo para a solicitude das subvencións destinadas ao fomento do deporte federado, e deu conta das novas medidas vixentes á hora de empregar as instalacións deportivas municipais.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a licenza para a demolición da vella estación de autobuses
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou en rolda de prensa dos acordos adoptados nas últimas Xuntas de Goberno, entre os que destaca a concesión á Xunta de Galicia da licenza para a demolición da vella estación de autobuses de Compostela, ubicada na Praza Díaz Baliño, cun orzamento de execución material de 1.015.036,53 euros.
SMARTIAGO
O Concello de Santiago, seleccionado como finalista aos Premios Europeos de Adquisición de Innovación 2021 polo proxecto Smartiago
O proxecto Smartiago vén de ser seleccionado como un dos finalistas dos Premios Europeos de Adquisición da Innovación (EUIPA) 2021. Estes premios, outorgados polo programa Horizon Europe, co apoio do Consello Europeo de Innovación, recoñecen os casos máis destacados en toda Europa de promoción da adquisición de innovación por parte de compradores públicos e privados, destacando ademais a colaboración entre comprador (neste caso, o Concello de Santiago) e os provedores de innovación para levar as...
SMARTIAGO
El Ayuntamiento de Santiago, seleccionado como finalista a los premios europeos de adquisición de innovación 2021 por el proyecto Smartiago
El proyecto Smartiago acaba de ser seleccionado cómo uno de los finalistas de los Premios Europeos de Adquisición de la Innovación (EUIPA) 2021. Estos premios, otorgados por el programa Horizon Europe, con el apoyo del Consejo Europeo de Innovación, reconocen los casos más destacados en toda Europa de promoción de la adquisición de innovación por parte de compradores públicos y personales, destacando además la colaboración entre comprador (en este caso, el Ayuntamiento de Santiago) y los proveedores de...