IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada na Coruña, vítima de violencia machista.
ALCALDÍA
O alcalde dá por rematada a situación xerada pola vertedura de xurro ao río Tambre, aínda que continúan os controis
Xosé Sánchez Bugallo aseverou esta mañá en rolda de prensa que o episodio provocado pola vertedura de xurro ao río Tambre en Trazo pode darse "por rematado", posto que "todo segue con total normalidade".
IGUALDADE
O Concello recibe da man dunha representación da veciñanza de San Pedro máis de 1.200 sinaturas para declarar o barrio amigable LGBTIQ+
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, recibiron as sinaturas recollidas entre a veciñanza e os comerciantes de San Pedro que respaldan a iniciativa popular para declarar o barrio amigable LGBTIQ+. Tanto o rexedor como a edila amosaron o respaldo do goberno á proposta.
POLÍTICAS SOCIAIS
Recepción aos participantes na iniciativa "Camiñando polo dano cerebral", que realizaron o treito final do Camiño de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe ás persoas da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) que participaron no percorrido do treito final do Camiño de Santiago, no marco da iniciativa "Camiñando polo dano cerebral". Unha iniciativa, que tamén se levou a cabo noutras cidades, como Ourense, e que ten como obxectivo visibilizar a realidade das persoas con dano cerebral e para conciencias as administracións de que son precisos máis recursos para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.
ACCIÓN CULTURAL
maré 21 volve a Compostela coa súa edición máis ambiciosa en propostas musicais e artísticas das dúas beiras do Atlántico
maré 21, outrora Cantos na maré, chega á súa XVII edición, e aséntase este 2021 na capital galega onde, ademais do Teatro Principal e o Auditorio de Galicia, se estende nesta ocasión á praza da Quintana e o parque de San Domingos de Bonaval, enchendo Compostela con multitude de propostas musicais e artísticas procedentes das dúas beiras do Atlántico e situando Galicia no epicentro da vangarda creativa mundial.