POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde visita o "Festival intercultural Compostela Convive"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou hoxe o Festival intercultural Compostela Convive, que se celebrou na Alameda, acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández; entidade organizadora do evento, no que colabora o concello compostelá.
MEDIO AMBIENTE
A concelleira de Medio Ambiente destaca a volta paulatina á normalidade no subministro de auga
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, destacou hoxe a volta paulatina á normalidade no subministro de auga á cidade de Santiago, despois da suspensión, onte, da captación de auga do Tambre por parte da ETAP, debido a unha vertedura de puríns. A concelleira garante a potabilidade da auga, aínda que amose turbidez, debido, sinala, a "ese tempo que a planta de tratamento estivo parada, e a esa baixada de nivel dos depósitos".