ACCIÓN CULTURAL66
O xornalista Omar Khan impartirá un obradoiro gratuíto de crítica da danza ao abeiro das actividades da Noite do Patrimonio
Este obradoiro en liña está aberto a residentes das 15 cidades españolas Patrimonio da Humanidade, entre as que se atopa Santiago de Compostela. As solicitudes de participación deben enviarse antes do 6 de setembro a danza@susyq.es
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC sae á rúa para debater sobre as múltiples forma de lectura na post-pandemia
A Semana do Libro de Compostela celebrará a súa quinta edición do 10 ao 19 de setembro. Coas restricións precisas pola pandemia, a SELIC regresa coa intención de atender os cambios permanentes na sociedade e na cultura, e coa vontade de abrir unha liña de pensamento sobre o mesmo acto de ler. Haberá un espazo con casetas de librarías e editoriais na rúa, no que decorrerán a maioría das actividades deste ano. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes...
COMERCIO
Volven as actividades de dinamización comercial da campaña Eu Merco Aquí as primeiras fins de semana de mes de setembro a decembro
Todas as primeiras fins de semana de cada mes, comezando este venres 3 e sábado 4 e ata decembro, volven as actividades de rúa que se iniciaron en xuño coa celebración do Prima21, incluídas na máis ampla campaña de dinamización comercial Eu Merco Aquí.
ALCALDÍA
O Concello súmase á petición da Confederación de Empresarios da Coruña para que o Camiño Inglés sexa declarado Patrimonio da Unesco
O Concello de Santiago, a través do seu alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, deu o seu apoio á petición da Confederación de Empresarios da Coruña para que o Camiño Inglés sexa declarado Patrimonio Mundial da Unesco, proposta impulsada por acordo dos órganos directivos da CEC. Foi no transcurso dun encontro que o presidente da Confederación, Antonio Fontenla, mantivo este mércores, 1 de setembro, co rexedor compostelán.