ACCIÓN CULTURAL

O Delas Fest pecha a súa terceira edición en Santiago

19/07/2021

A artista visual Lily Brick realizará unha intervención en Pontepedriña e a muralista Iria Prol impartirá un obradoiro de introdución ao muralismo no Complexo Deportivo de Santa Isabel durante a última semana da programación do festival feminista de arte urbana e contextual, que foi presentado hoxe en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; pola concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; pola comisaria do Festival, Clara Cordeiro; e pola artista Lili Brick.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica o contrato de execución das obras de rehabilitación da Finca do Espiño por 1.425.000 euros

19/07/2021

A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe o contrato denominado "Execución das obras de rehabilitación do palacete da finca do Espiño para equipamento municipal cultural e administrativo. Operación incluída na Estratexía de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado- EDUSI" a favor da empresa BAUEN EMPRESA CONSTRUCTORA SAU"; favor da empresa "Bauen Empresa Constructora SAU", por un importe de 1.425.922,9 euros.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais programa unha simultánea de xadrez para conmemorar o día mundial deste deporte que se celebra mañá

19/07/2021

Con motivo do "Día mundial do xadrez, a rede de Centros Socioculturais programou para mañá e pasado, dúas actividades relacionadas con esta disciplina. O día 20 de xullo desenvolverase unha sesión de simultáneas para a cativada de 5 a 16 anos; na que estará presente Fernando Sánchez Aller, catro veces campión absoluto galego deste deporte. A cita, que terá lugar na Carballeira do Banquete de Conxo, comezará ás 11:00 h.

Leer más
Compartir: