MEDIO AMBIENTE

Santiago de Compostela terá unha depuradora sustentable, eficiente e de deseño innovador cun investimento previsto de 68 millóns de euros

13/07/2021

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación do proxecto da oferta adxudicada para a construción da depuradora de Silvouta, que terá unha capacidade de tratamento futuro de 277.000 habitantes equivalentes e permitirá pretratar a totalidade do caudal que chega polo emisario do río Sar en época de tormenta, realizando unha vertedura compatible coa calidade ambiental do medio receptor. Está previsto que o proxecto sexa cofinanciado polos fondos Next Generation da Unión Europea, en virtude do convenio de colaboración...

Leer más

URBANISMO

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico dá luz verde á fase once de despregamento da fibra óptica

13/07/2021

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, informou favorablemente, entre outros asuntos, a fase once de despregamento de rede de fibra óptica na Cidade Histórica; e a ocupación de vía pública, coa colocación do palco, na Praza do Obradoiro, para a celebración do concerto do Festival da Luz, que terá lugar o día 21 de xullo, no marco das Festas do Apóstolo.

Leer más
Compartir: