DEPORTES

O Concello destina 300.000 euros ás subvencións para o deporte federado

30/09/2022

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, anunciou esta mañá en rolda de prensa a apertura do plazo para solicitar as axudas municipais dirixidas ao deporte federado. As bases da convocatoria foron aprobadas onte nunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local e contemplan axudas por un importe total de 300.000 euros.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A IV Feira de Emprendedoras poderá visitarse ao longo do día de hoxe no Teatro Principal

30/09/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o reitor da USC, Antonio López Díaz, inauguraron esta mañá a IV Feira de Emprendedoras, que nesta edición pon o foco nas entidades do sector artístico e cultural da cidade e a súa contorna. Esta inciativa, desenvolvida polo Concello de Santiago en colaboración coa Universidade de Santiago (USC) e Woman Emprende, constitúe un punto de encontro e intercambio entre mulleres referentes e outras emerxentes no mundo do emprendemento.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba un gasto complementario dun millón de euros para o Servizo de Axuda no Fogar

30/09/2022

A Xunta de Goberno, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe un gasto complementario para o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) por importe de 1.001.095.89 euros para atender as listas de agarda de dependencia e as de libre concorrencia. O importe inicial do contrato coa empresa Servisar, Servizos Socias, SL, era de 9.240.144,24 (IVE engadido), increméntandose agora ata acadar os 10.241.240,13 euros.

Leer más

ALCALDÍA

A praza de Abastos acolle o encontro gastronómico "Receitas para o recordo" con motivo do Día Mundial do Alzhéimer

30/09/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe na Praza de Abastos ao encontro gastronómico "Receitas para o Recordo", organizada pola Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) no marco das actividades para celebrar o día Mundial desta enfermidade. Este evento pretende poñer en valor a cociña tradicional galega e as mulleres que padecen alzhéimer.

Leer más

ALCALDÍA

Volve Compostela Photo, a mosta de fotografía contemporánea sobre as portas de 15 garaxes do Ensanche

30/09/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; Chema Fernández, presidente de Santiago Centro, Área Comercial; Javier Blanco Lado, comisario artístico; e varios dos fotógrafos con obra en Compostela Photo asistiron esta mañá á presentación da mostra, que por segundo ano cobre con fotografías artísticas os portóns de quince garaxes do Ensanche compostelán.

Leer más
Compartir: