ACCIÓN CULTURAL

Abe Rábade presenta no Pazo de Raxoi o seu novo álbum Botánica

13/09/2022

Botánica é o decimoquinto disco do pianista e compositor compostelán Abe Rábade, no que a súa escrita musical e piano atópanse coa voz e percusión de Davide Salvado. Este novo traballo, composto de catorce temas dedicados á vexetación autóctona de Galicia, verá a luz parcialmente este venres e o sábado 24 de setembro será presentado no Teatro Principal nun concerto que conta co apoio do Concello de Santiago.

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

As 15 cidades españolas Patrimonio da Humanidade celebran a Noite do Patrimonio o vindeiro sábado 17 de setembro

13/09/2022

Centos de espazos históricos abrirán en horario extraordinario, como catedrais, palacios ou museos; tamén se ofrecerán multitude de visitas guiadas e espectáculos ao aire libre, dentro dunha oferta cultural única en Europa e gratuíta. Ademáis, a quinta edición do Festival de Danza Escena Patrimonio exhibirá as 15 pezas dos coreógrafos invitados, con 6 estreas absolutas en 20 representacións creadas especialmente para os espazos patrimoniais das 15 cidades e que serán retransmitidas en streaming....

Leer más
Compartir: