COMERCIO
Aberta a inscrición para a campaña de dinamización de Compostela Diversa
Entre as accións previstas pola celebración do Orgullo LGTBI está o reparto de material coma mandilóns, carteis ou manteis entre os comercios e o establecementos hostaleiros e hoteleiros da capital galega.
ALCALDÍA
Santiago e Braga estreitan lazos cun irmandamento
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Câmara Municipal de Braga, Ricardo Rio, asinaron esta mañá un convenio de irmandamento entre as dúas cidades co fin de fortalecer as relacións económicas, turísticas e culturais. No mesmo acto, os dous mandatarios realizaron unha declaración de cooperación entre Braga e Santiago, atendendo ás afinidades que as unen.
MOBILIDADE
O Concello de Santiago finaliza os labores para mellorar a circulación das rúas de Mallou e da Queimada
O pasado venres 6 de maio, o Departamento de Tráfico deu remate aos traballos de sinalización vertical e horizontal nas rúas de Mallou e da Queimada, dando así resposta á petición por parte dos veciños da zona para mellorar a seguridade e a mobilidade destas rúas e a súa contorna.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a tarifa da Festa dos Maiores que se establece en 7,5 euros por persoa
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a tarifa de prezo público para a Festa dos Maiores 2022, que se celebrará o 28 de maio no recinto feiral de Amio. Cada unha das persoas que desexe asistir, deberá aboar 7,5 euros. O obxectivo desta celebración, organizada polo Concello de Santiago a través das concellarías de Festas e de Servizos Sociais, é fomentar a participación e interacción das persoas maiores de distintas parroquias e lugares do termo municipal, celebrando un día especial nun espazo de encontro no que se sintan...