DEPORTE

O barrio de San Pedro acolle a última proba puntuable do circuíto CorreSan con máis de 800 participantes

29/11/2018

Todo listo para a última carreira do VII Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan, que chega por primeira vez, ao barrio de San Pedro. Trátase dunha proba circular, con saída e chegada na rúa de San Pedro e cunha lonxitude total para a proba absoluta de 4,7 quilómetros, aproximadamente 2,350 por volta, e dun quilómetro para a categoría escolar 1 e de dous quilómetros para escolares 2.

Leer más

NADAL

Abertos a partir do sábado o Belén tradicional de San Fiz e o Mercado de Nadal

29/11/2018

Un ano máis, a igrexa de San Fiz de Solovio acollerá o tradicional Belén nestas datas, composto por máis de 200 figuras de barro e lenzo pintado -todas feitas a man- e que inclúe diferentes escenas, pezas en movemento, río con auga corrente e iluminación. Todo iso recreado en ciclos de catro minutos, nos que se simula o paso do día á noite grazas a cambios de iluminación e movemento de diversas pezas.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

A Fundación Biodiversidade divulga o "Descarboniza! Que non é pouco..." como iniciativa de adaptación ao cambio climático

29/11/2018

A Fundación Biodiversidade vén de poñer en marcha unha campaña de divulgación das accións incorporadas ao proxecto europeo Life Shara, entre as que se atopa o programa Descarboniza! Que non é pouco.... Esta iniciativa, impulsada pola Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia en colaboración co Grupo de Investigación SEPA da USC, ten recibido unha subvención de 44.000 euros da Fundación, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Compostela presentou a folla de ruta do seu Plan Integral de Atención ás Persoas sen Fogar

29/11/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron esta mañá a xornada Abordaxe do Senfogarismo en Compostela: Estado da situación e plans de acción, que se celebra hoxe na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, e que está organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde e a Mesa de Traballo para o estudo da Situación das persoas sen teito-transeúntes e dos recursos en Santiago de...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A cineasta catalá Meritxell Colell, protagonista do encontro "A cor das palabras"

29/11/2018

O ciclo A cor das palabras. Encontros con cineastas, organizado polo Concello de Santiago en colaboración co cinema Numax contará cunha convidada moi especial. A cineasta catalá Meritxell Colell Aparicio, autora de Con el viento, manterá un encontro co público da sala o sábado 1 de decembro, ás 11:30 horas, baixo o título "A emoción real na ficción. Do persoal ao colectivo". A actividade ten entrada gratuíta, podéndose reservar localidade no correo...

Leer más

ALCALDÍA

Conta atrás para o concerto de Helloween no Multiúsos

29/11/2018

O Multiúsos de Sar acollerá o próximo 8 de decembro un concerto dos alemáns Helloween, dentro da súa xira de reunión Pumpkis United. As entradas están á venda a través da rede Ticketmaster (Fnac, Viaxes Halcón, Carrefour) e en Ataquilla.com.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Florian Henckel álzase por segunda vez co Premio do Público de Cineuropa

29/11/2018

Florian Henckel gañou o premio do público e unha das ovacións máis prolongadas do festival con A vida dos outros en 2006. Doce anos tiveron que pasar para o seu agardado regreso con outro drama en tempos de fronteiras e coa arte como mecanismo de guión que representa esa pugna entre a liberdade e a opresión, entre a memoria e o soterramento. Con todo, o público de Cineuropa volveu recoñecer o bo facer do cineasta outorgándolle a Obra sen autor a mellor puntuación dos filmes que conforman a...

Leer más
Compartir: