MEDIO AMBIENTE
Iniciados os traballos de acondicionamento das hortas urbanas das Hortas
Esta mañá comezaron os traballos de acondicionamento das novas hortas urbanas de Campo das Hortas, para os que se prevé un prazo de mes e medio. Neste espazo haberá un total de 53 hortas, cunha extensión total de 4.112 metros cadrados. O obxectivo do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, é que os terreos empecen a ser cultivados polos seus adxudicatarios e adxudicatarias ao longo do mes de marzo.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a nova cónsul xeral de Cuba
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu a nova cónsul xeral de Cuba, Yahima Martínez Millán, quen asinou no Libro de Honra da Cidade.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este domingo en Monzón (Huesca).
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ten como invitada esta semana á recoñecida viola Isabel Villanueva
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro será o mércores 28 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. O xoves 29 a orquestra tocará na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Xosé Manuel Rodríguez-Abella dará nome ao Premio a Agrupacións Musicais Maiores do Eixo Atlántico
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou esta mañá en Vigo nunha nova xuntanza dos grupos de traballo de Educación e Cultura do Eixo Atlántico. Entre outras cuestións, na reunión acordouse crear o Premio "Xosé Manuel Rodríguez-Abella" de Agrupacións Musicais Maiores do Eixo Atlántico, en lembranza do que foi tantos anos responsable do Departamento de Educación do Concello de Santiago, falecido o pasado venres despois dunha longa enfermidade.
COMERCIO
A pista de xeo da Alameda abrirá as súas portas este sábado 1 de decembro
O paseo central da Alameda volve acoller, outro ano máis, a tradicional pista de xeo, que abrirá as súas portas o sábado 1 de decembro e permanecerá aberta ata o 27 de xaneiro.