ALCALDÍA

O alcalde reúnese coa directiva do Ateneo

12/11/2018

O alcalde recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a directiva do Ateneo de Santiago, nunha xuntanza que tiña como obxectivo coñecer a programación de actividades da asociación para o vindeiro ano. Martiño Noriega comprometeuse a estudar vías de colaboración coa entidade.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago adxudica a mellora do sistema de ventilación e a limpeza do lousado da capela do Cristo de Conxo

12/11/2018

O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de mellora do sistema de ventilación e limpeza do lousado da capela do Cristo da igrexa de Santa María de Conxo, co fin de eliminar o seu escurecemento húmido, por un importe global de 67.215,15 euros. A empresa beneficiaria é Construcciones Abal, S.A. Prevese un período de execución de catro meses.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia pon en directo a banda sonora ao filme mudo "O gabinete do Doutor Caligari"

12/11/2018

No marco da 32ª edición do festival Cineuropa, este mércores, 14 de novembro, proxectarase o filme O gabinete do Doutor Caligari, de Robert Wiene. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. De maneira simultánea á proxección desta película muda, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a súa banda sonora. A batuta levaraa o director alemán experto en cinema mudo Helmut Imig. Substituirá ao mestre Timothy Brock -autor ademais da música que tocará a...

Leer más

CONSORCIO

A recoñecida trompista norueguesa Frøydis Ree Wekre formará a músicos/as galegos/as noveis

12/11/2018

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza da prestixiosa trompista norueguesa Frøydis Ree Wekre, que formará tanto aos/ás estudantes da Escola como a alumnado externo interesado en perfeccionar a súa...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Chegan a Cineuropa os novos traballos de Lars von Trier e Carlos Reygadas

12/11/2018

Ás 20:00 h da noite do martes, no Teatro Principal compostelán, aterrará o novo desa cita indiscutible deste festival que é o cinema do dinamarqués Lars von Trier. A casa de Jack é a historia dun psicópata protagonizada por Matt Dillon e Uma Thurman que Von Trier utiliza para plasmar unha serie de reflexións sobre a arte e a moral.

Leer más
Compartir: