TURISMO

A Galería Sargadelos exhibe a mostra de ilustracións "Camiña o Camiño"

23/10/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitou esta mañá a exposición Camiña o Camiño, que se pode ver dende o pasado venres na Galería Sargadelos. Na visita tamén estiveron a ilustradora Blanca Escribas e a editora Gema Sesar, de El Patito Editorial. Este proxecto, no que catro ilustradoras galegas e portuguesas puideron debuxar diferentes lugares do Camiño da Costa, está desenvolvido por Turismo de Santiago e El Patito Editorial con financiamento da Xunta de Galicia a...

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia estrea en España a obra "Jong" para malabarista e orquestra, da compositora finlandesa Lotta Wennäkoski

23/10/2017

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos na súa sede, o Auditorio de Galicia, no marco das Xornadas de Música Contemporánea. O primeiro será o xoves 26, ás 20:30 horas. E o venres, ás 18:30 horas, repetirase parte do concerto de abono para o público máis novo e para as familias dentro do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos.

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O Cersia acolle un coloquio de catro persoas emprendedoras dentro do proxecto "O forno dos soños"

23/10/2017

Catro persoas emprendedoras compartirán as súas múltiples experiencias nun café-coloquio que terá lugar o 27 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas, no edificio municipal Cersia, no barrio de San Lázaro. Esta acción enmárcase no proxecto O forno dos soños, co que a Concellaría de Promoción Económica pretende fomentar a cultura emprendedora na cidade.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio realizará visitas guiadas pola exposición que conmemora os seus 25 anos de traballo no patrimonio histórico e cultural da cidade

23/10/2017

Baixo o título Consorcio de Santiago, Cultura e Patrimonio. 25 anos do Consorcio na cidade, o organismo promove unha exposición que repasa a súa traxectoria. A mostra ten dúas sedes, a Casa do Cabido (na praza das Praterías), onde se reúne o labor cultural da entidade; e a Fundación Torrente Ballester, que concentra as súas actuacións no patrimonio histórico.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde destaca a importancia do Camiño na "reinvención" de Europa

23/10/2017

O alcalde de Santiago de Compostela participou esta tarde no acto de conmemoración do trinta aniversario da Declaración do Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo. Na súa intervención, Martiño Noriega destacou a importancia do Camiño de Santiago como "ferramenta da reinvención dunha Europa que hai trinta anos, necesitaba reinventarse a si mesma".

Leer más
Compartir: