CONSORCIO
Últimos días para solicitar as axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica de Santiago
O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 75.000 euros á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica a través do seu Programa Localízate. As solicitudes e a documentación poderán presentarse no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 18 de novembro.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido o pasado 31 de outubro en Castellbisbal (Barcelona).
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Encontro coa organización Greenpeace para falar de mobilidade sostible
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o xerente de Tussa, José Ramón Mosquera, mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes de Greenpeace.
TURISMO
A cuarta edición de Compostela Ilustrada retratará a arquitectura contemporánea da cidade
Xa está todo listo para a celebración da cuarta edición do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que se celebrará dende o vindeiro xoves 7 de novembro ata o domingo 10. Catorce ilustradores e ilustradoras estará nas rúas para debuxar nesta ocasión a arquitectura contemporánea da cidade. Todo isto ao longo de catro xornadas nas que haberá obradoiros de rúa, exposicións, workshops e outras moitas actividades, entre as que destacan as Xornadas de Ilustración Urbana. O.../em>
ALCALDÍA
As nove empresas que concorren á construción da nova EDAR da Silvouta presentan as súas propostas técnicas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, asistiu hoxe en Madrid á presentación das nove propostas técnicas das empresas que participan no procedemento de concorrencia competitiva para a construción da nova EDAR da Silvouta. Segundo explicou o rexedor, está previsto que antes de Nadal, ACUAES preseleccione as catro empresas que considere máis axeitadas.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago acondicionará o cemiterio da Orde Terceira para a súa apertura á cidadanía
No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo acaba de licitar as obras de acondicionamento do cemiterio da Orde Terceira Franciscana para a súa apertura ao público, por un importe global de 40.979,90 euros. A empresa adxudicataria é Obras Gallaecia, S.L. Prevese que a intervención estea rematada nun período de dous meses e medio.
TURISMO
Turismo de Santiago participa na principal feira turística do Reino Unido
Turismo de Santiago está promocionando a cidade cun mostrador no stand de Turespaña na World Travel Market, a feira máis importante do mercado británico, que ten lugar en Londres entre o 4 e o 6de novembro. Nesta feira turística participan máis de 50.000 profesionais do sector. Arredor do 50% deles son británicos, pero tamén hai unha importante presencia de profesionais europeos e asiáticos.