CONSORCIO
Autocares Mosquera formaliza o seu apoio ao 800 Aniversario da Catedral de Santiago
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o administrador de Autocares Mosquera, Leandro Mosquera, asinaron o acordo polo cal a empresa transportista pasa a ser patrocinadora do 800 Aniversario da Catedral de Santiago. Neste sentido, Mosquera colaborará nos diferentes actos programados con motivo da efeméride e no plan de obras de restauración que se realizarán na Catedral e que están contempladas no seu Plan Director.
ALCALDÍA
Un encontro analiza as posibilidades dun mercado de proximidade en Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o grupo ANATOLE que analiza en Santiago de Compostela as vantaxes que o desenvolvemento dos mercados de proximidade ofrece ás cidades europeas. No encontro participan representantes das cidades de Huelva, San Sebastián, Santiago de Compostela, Aveiro, Nantes, e Dublín; así como da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico e da Asociación de Cámaras Agrarias do Arco Atlántico Francés.
CULTURA
Marful regresa co seu "Manual de Sedución"
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, e os catro membros de Marful presentaron no Concello o concerto que a banda dará o sábado 30 de abril no Auditorio. Será ás 22:00 horas e nel Marful presenta en Compostela o seu último traballo Manual de Sedución.
INFRAESTRUTURAS
Un elevador salvará as barreiras arquitectónicas para os peóns na Almáciga
As rúas de Touro e do Pino, no barrio da Almáciga, estarán conectadas coa praza de Camilo Díaz Baliño a través dun elevador. Este proxecto, incluído na iniciativa Urbana Santiago Norte, financiada con fondos FEDER, permitirá salvar as barreiras para os peóns nesta parte da cidade.
MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS
Nova convocatoria de solicitude de composteiros para os fogares composteláns
O Concello de Santiago abre unha nova convocatoria para aqueles veciños que queiran facer uso dos composteiros para reciclar como abono o seu lixo orgánico. Repartiranse uns 50 recipientes, sumándose aos máis de 500 que xa foron repartidos nos fogares composteláns dende que se puxera en marcha a iniciativa en 2003.
CULTURA
SCQ Danza trae "Habelas", de Traspediante
O ciclo SCQ Danza, que organiza a Concellería de Cultura, ten unha nova cita no calendario o venres 28 de abril. Nesta ocasión trátase de Traspediante co seu espectáculo Habelas, unha coreografía de Begoña Cuquejo e Marta Alonso dirixida pola propia Begoña Cuquejo.
PLENO
Visto bo da Corporación municipal á ordenanza que eximirá da licenza de apertura a determinados establecementos
A Corporación municipal, reunida na sesión ordinaria de abril do Pleno, aprobou inicialmente a ordenanza que regulará a tramitación de actividades. En virtude desta nova norma, determinados establecementos non precisarán de licenza de apertura. Esta será substituída por unha comunicación previa ou unha declaración responsable, dependendo dos casos, axilizando de forma considerable a tramitación.