CENTROS SOCIOCULTURAIS
Citas esta fin de semana en Cornes e na Gracia co programa "Imos ao baile 2016"
O programa Imos ao baile 2016 ten este sábado dúas novas citas no marco da programación do Entroido, na Gracia e na Casa das Asociacións de Cornes. Esta iniciativa, que arrancou o pasado 30 de xaneiro cun baile no CSC de Laraño, ten previsto este ano 28 bailes, repartidos entre diferentes centros socioculturais e a devandita Casa das Asociacións.
TURISMO
As 15 cidades Patrimonio participan no Salon des Vacances de Bruxelas para mostrar a súa oferta como destinos culturais
As cidades Patrimonio da Humanidade están presentes no Salón des Vacances de Bruxelas, que se celebra o 4 ao 8 de febreiro, cunha importante acción promocional entre o público belga prevista no Plan Operativo de Turismo 2016, aprobado pola Asemblea de Alcaldes do Grupo celebrada o pasado 22 de xaneiro no marco de FITUR.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música interpreta a "4ª Sinfonía" de Alfred Reed no Teatro Principal
A Banda Municipal de Música de Santiago presentará este domingo, 7 de febreiro, un programa de estrea baixo a batuta do seu mestre titular Juan Miguel Romero. A cita, como cada domingo, é ás 12:00 horas no Teatro Principal.
DEPORTE
Preto de 300 judokas daranse cita esta fin de semana no Trofeo de Judo Cidade de Santiago
A concelleira de Deportes, Noa Morales, presentou esta mañá en rolda de prensa o VIII Trofeo "Cidade de Santiago", que reunirá a preto de 300 judokas esta fin de semana. Na rolda estivo acompañada por Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo, e Javier Rial, presidente do Compostela Judo Club.
ALCALDÍA
O alcalde anuncia o inicio do procedemento para cubrir dúas prazas de Dirección de Área
O alcalde, Martiño Noriega, anunciou este mediodía o inicio dun procedemento "transparente e publicitado" para cubrir dúas prazas de Dirección de Área no Concello de Santiago. Unha delas estará vinculada ao Departamento de Espazos Cidadáns, e a outra estará adscrita á Alcaldía, con competencias en materia de persoal e contratación e cun perfil xerencial.
TURISMO
Aríns e O Eixo celebran esta fin de semana o Entroido dos Xenerais da Ulla
O Entroido dos Xenerais da Ulla, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, chega esta fin de semana a dúas parroquias de Santiago: Aríns e O Eixo. En Aríns, o atranque será o sábado, ás 18:30 horas, no campo da festa, na rúa San Martiño. No Eixo será o domingo, no campo da festa da parroquia, ás 19:00 horas. Na pasada fin de semana xa tiveron lugar os atranques de Marrozos e Angrois.
ALCALDÍA
A próxima semana comezarán os traballos para eliminar as fochancas máis perigosas
A próxima semana comezarán os traballos de reparación dalgunhas das fochancas máis graves da cidade. Anunciouno o alcalde, que explicou que o Concello habilitou un procedemento de emerxencia para poder actuar nos puntos que, segundo informes da Policía Local, son perigosos para a seguridade viaria. Martiño Noriega explicou que "as obras nas fochancas continuarán nos próximos meses, a través doutros procedementos que xa están tamén en tramitación".