ACCIÓN CULTURAL
A SELIC leva o protagonismo do papel ao directo
O Festival da Lectura desenvolverase na praza da Quintana do 9 ao 18 de xuño e contará coa presenza de 14 editoras, 7 librarías e 4 institucións. Como novidade este ano estrease a sección SELIC Criminal que nace coa vontade de converterse en referencia da novela negra a nivel ibérico.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Museo máis pequeno da cidade continuará exposto nos comercios de Compostela ata o 14 de xullo
Os establecementos comerciais da nosa cidade seguirán expoñendo nos seus escaparates os 55 traballos artísticos realizados pola veciñanza no marco da iniciativa "O Museo máis pequeno da cidade" ata o 14 de xullo. Esta iniciativa, impulsada pola Rede de Centros Socioculturais en colaboración coa Concellería de Comercio, está a ter unha moi boa acollida tanto entre a veciñanza como entre os visitantes.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de mantemento de viais e parcelas de titularidade municipal do rural
A Xunta de Goberno, reunida en sesión extraordinaria, acordou adxudicarlle, o contrato do "Servizo para a execución de diversas operacións de conservación, mantemento e reparación de pavimentos e drenaxes nos viarios e espazos públicos municipais do medio rural do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)" á empresa Obras y Viales de Galicia SL, por un importe de un millón de euros, divididos en dúas anualidades.