XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba as bases das axudas ao fomento do deporte federado
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases da "Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento do deporte federado. Ano 2023". A súa finalidade é a promoción das entidades deportivas locais de carácter federado, co obxecto de financiar, en parte, os gastos derivados da súa participación nas competicións deportivas establecidas nos correspondentes calendarios oficiais das federacións autonómicas e nacionais. Estas axudas contan cun orzamento de 308.000 euros.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 3 de xuño en Oia, vítima de violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
Antón Reixa recibe o III Premio Plataforma á súa traxectoria artística
O artista vigués recibe o III Premio Plataforma entregado pola concelleira de Acción Cultural en funcións, Mercedes Rosón, no marco do festival Plataforma, organizado pola Cooperativa Performa, nun acto no que tamén participaron distintos membros da Corporación Municipal. O premio é unha peza cerámica realizada pola artista e artesá Verónica Moar.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello e a Deputación da Coruña programan, a través de Rede Cultural 2023, 30 espectáculos en centros socioculturais no segundo semestre do ano
A Xunta de Goberno Local tomou coñecemento dos espectáculos solicitados á Deputación da Coruña, que forman parte da programación da "Rede Cultural 2023", que ten por obxecto contribuír á difusión da música, o teatro, a danza o cine e demais manifestacións artísticas nos concellos da provincia. Son un total de 30 eventos os programados entre xuño e decembro, en distintos centros socioculturais e espazos da cidade.