DEPORTES
Santiago acolle o Campionato de Europa U20 de Loitas Olímpicas 2023
Tras superar un longo proceso de selección, Santiago alzouse como a cidade seleccionada para albergar o Campionato de Europa U20 de Loitas Olímpicas 2023, un fito histórico para España nesta disciplina. 800 deportistas procedentes de 34 países participarán nesta competición que se desenvolverá no Pavillón Multiusos Fontes do Sar do 26 de xuño ao 2 de xullo.
ACCIÓN CULTURAL
A undécima edición do Festival Atlántica amplía fronteiras
Entre o 1 e o 9 de xullo Atlántica vaise desenvolver en 24 concellos das catro provincias galegas e chegará por primeira vez ata Portugal. Serán un total de 42 espectáculos de 38 narradores procedentes de Cuba, Portugal, Cataluña, Zamora e Galicia. No programa figuran dúas estreas absolutas e cinco estreas en España, alén de varias pezas que se escoitarán por primeira vez en Galicia
ALCALDÍA
Xosé Sánchez Bugallo e Goretti Sanmartín presiden a xuntanza para o traspaso de poderes
O alcalde en funcións, Xosé Sánchez Bugallo, e a candidata da lista do BNG, Goretti Sanmartín, mantiveron hoxe unha xuntanza para iniciar o traspaso de poderes. Na reunión participaron concelleiros e concelleiras do actual Goberno en funcións, así como os/as edís electos/as do BNG nos comicios locais do pasado 28 de maio.
EDUCACIÓN
Publícanse as listaxes de prazas adxudicadas no Programa de Conciliación de Verán
Unha vez realizado o sorteo público das prazas do Programa de Conciliación de Verán 2023, publícanse as listaxes da prazas adxudicadas nas seis quendas previstas.
ACCIÓN CULTURAL
A SELIC ofrece unha performance para coñecer a Chévere e o seu papel
Na xornada de mañá tamén terá lugar unha homenaxe polo centenario do berciano Antonio Pereira, con Juan Carlos Mestre e Cuco Pérez.