ACCIÓN CULTURAL

A Concellaría de Acción Cultural organiza no CSC da Trisca un taller de animación á escrita e de promoción da lectura activa

02/03/2016

A Concellaría de Acción Cultural programou un suxestivo taller práctico de animación á escrita e de promoción da lectura activa. A partir do luns 7 de marzo e durante oito xornadas, no Centro Sociocultural da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92), os participantes coñecerán as ferramentas básicas para a elaboración dun pequeno poemario ou "suite" poética. A inscrición segue aberta.

Leer más

ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS

O Goberno municipal ultima a inclusión de cláusulas sociais na contratación pública

02/03/2016

Martiño Noriega achegouse esta mañá á sede que a Fundación Down Compostela ten no barrio de Conxo. Acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e do presidente e secretario da Fundación, Juan Jesús Martínez e Xaime López, o alcalde coñeceu de primeira man as actividades que se realizan no centro, no que participan arredor de 100 persoas de aproximadamente 40 concellos da contorna de Santiago.

Leer más

CONSORCIO

O trompista Martin Owen e a violista Isabel Villanueva impartirán clases a vindeira semana na Escola de Altos Estudos Musicais

02/03/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana estarán a recoñecida violista Isabel Villanueva e o trompista Martin Owen. Formarán tanto aos estudantes da Escola como a alumnos/as externos/as interesados en perfeccionar a súa interpretación con estes dous instrumentos.

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Concello e Universidade de Santiago reforzan a súa colaboración no apoio ao emprendemento e á actividade industrial

02/03/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois visitou este mércores o Edificio Emprendia, no Campus Vida. A visita enmárcase na colaboración entre o Concello e a Universidade de Santiago para aproveitar e reforzar as potencialidades da cidade en materia de investigación, transferencia de tecnoloxía e emprendemento.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Neves Seara comeza este xoves as súas actividades de mediación cultural no Centro da 3ª Idade Porta do Camiño

02/03/2016

Neves Seara inicia este xoves as actividades de mediación cultural enmarcadas dentro da intervención 73 liñas de horizonte (segunda carta a meu pai), que a artista ten ata o 27 de marzo na Zona "C". Isto responde á iniciativa da concellaría de Acción Cultural de facer actividades de mediación sempre que sexa posible, para así integrar a todos os públicos da cidade na vida cultural da mesma.

Leer más
Compartir: