EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Percorrido didáctico polo patrimonio funerario de Santiago de Compostela
A Concellaría de Educación e Cidadanía puxo en marcha este curso escolar o programa didáctico Vivir Santiago, con diferentes propostas para por en valor o patrimonio de Compostela. Estas actividades están a disposición do IV Ciclo da USC, dentro do convenio de colaboración asinado entre a Universidade de Santiago e este Departamento municipal. Desta vez, realizouse un percorrido polo cemiterio de Boisaca, para coñecer o patrimonio funerario de Compostela. O concelleiro de Educación, Manuel Dios, sumouse á...
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitan o albergue de Xoán XXIII
O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitaron esta mañá o albergue de Xoán XXIII para coñecer máis polo miúdo o seu funcionamento e as súas necesidades. O centro, dependente da Xunta, forma parte da mesa de traballo e coordinación sobre persoas sen fogar que puxo en marcha o Concello, para buscar unha solución integral na atención a este colectivo tan sensible.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Actividades gastronómicas e culturais conforman a programación do Concello de Santiago para esta Semana Santa
As concelleiras de Acción Cultural e Turismo, Branca Novoneyra e Marta Lois, presentaron en rolda de prensa a programación que o Concello vén de preparar para a Semana Santa deste 2016. Santiago, paixón doce e De lugares e órganos. Músicas e outras paisaxes de Compostela son as principais accións dun calendario que irá do 11 de marzo ao 3 de abril.
FACENDA
O Plan de Control Tributario loitará contra o fraude no pago de impostos municipais
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou en rolda de prensa o Plan de Control Tributario que se levará este venres a Xunta de Goberno para a súa aprobación definitiva. Farase unha inspección a 1.430 contribuíntes en relación aos impostos de Plusvalías, ICIO, IAE, vados e outras ocupacións.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o poeta Carlos Penelas
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o poeta arxentino Carlos Penelas, co que mantén unha amizade dende hai anos. O escritor está en Galicia para presentar o seu último libro, La luna en el candil de la memoria.
ALCALDÍA
O alcalde e o deán conversan sobre obras menores no Centro de Acollida a Peregrinos
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi ao Deán da Catedral de Santiago, nun encontro enmarcado na continua colaboración que manteñen as dúas institucións. Segundo Pérez solicitou a xuntanza para informarse sobre varias cuestións relacionadas co Centro de Acollida de Peregrinos de Carretas.