CULTURA

Mark Lanegan presenta en Galicia "Blues funeral" dentro do Compostela Rock

27/03/2012 En 2010, toda unha lenda do rock como Mark Lanegan pisaba por primeira vez Galicia para participar no ciclo Xacobeo Importa. Tras aquel espectacular show en acústico, en 2012 o señor Lanegan publica novo disco, Blues funeral, o seu primeiro traballo en oito anos tras Bublegum (2004), e prepara unha xira europea que pasará polas principais capitais e que o traerá de novo a Galicia, nesta ocasión dentro do ciclo Compostela Rock. Á cita, que promete ofrecer unha noite memorable, vén acompañado de toda a súa banda.

Emparentado nese club das grandes voces que forman Johnny Cash, Tom Waits ou Nick Cave, nos últimos anos Lanegan demostrou as súas inquietudes ao traballar en diferentes proxectos con artistas como Greg Dulli (The Twilight Singers), Isobel Campbell (Belle & Sebastian), Soulsavers ou Queens of the Stone Age. Do mesmo xeito que os bos viños, a súa voz mellora co paso do tempo.

Mark Lanegan volve, como diciamos, co seu novo disco Blues funeral, o seu primeiro disco en oito anos tras a publicación de Bubblegum en 2004. Gravado por Alain Johannes nos estudos 11ad de Hollywood, ten prevista a súa saída para o 6 febreiro 2012 e como é habitual en Lanegan, contará con invitados de luxo como Greg Dulli, Josh Homme…

Como banda teloneira actuarán os belgas Creature With The Atom Brain, vellos coñecidos de Lanegan que viraron con ilustres como The Jesus and Mari Chain, The Dead Weather e que contan entre as súas filas con Aldo Struif (ex Millionaire).

Venda de entradas
As entradas <18 euros + gastos distribución (anticipada) / 22 euros (billeteira)> están á venda en Novagaliciabanco, www.ticketmaster.es, Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tiendas Tipo, Rede Ticketmaster, A Reixa Tenda e www.salacapitol.com.

Compartir: