DEPORTES

O Concello pon a disposición dos afeccionados do Obradoiro autobuses para desprazarse a Fuenlabrada

27/03/2012 O Concello de Santiago en colaboración co Blusens Monbus, pon a disposición de todos os afeccionados autobuses gratuítos de ida e volta o mesmo día do partido para asistir ao partido ante o Fuenlabrada, que se xogará o sábado 31 de marzo ás 18:00 horas (Teledeporte).

O prezo das entradas para os afeccionados que se despracen no autobús será de 12 euros. Debido a que o Baloncesto Fuenlabrada pon a disposición dos seguidores de Blusens Monbus un total de 110 entradas para este partido, estas reservaranse segundo a orde de inscrición.

No caso de que o afeccionado dispoña xa da súa entrada e queira desprazarse no autobús, deberá reservar igualmente a súa praza.

A saída está prevista para o mesmo sábado do partido ás 09:00 horas, dende o Multiusos Fontes do Sar. O regreso efectuarase pola tarde, en torno ás 21:00 horas.

Todos os interesados poden anotarse nas oficinas do Obradoiro C.A.B (Multiúsos Fontes do Sar, rúa Diego Bernal s/n) dende o martes, 27 de marzo, ata o xoves 29, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e a través do correo electrónico abonados@obradoirocab.com

Información e reservas: (981 558 448) - abonados@obradoirocab.com -

O pagamento de entradas e retirada de tíckets realizarase nas oficinas do club unha vez confirmada a reserva e terán de prazo ata o venres ás 19:00 horas.

Compartir: