DEPORTES

Xornadas gratuítas sobre a osteoporose no Centro Sociocultural das Fontiñas

27/03/2012 O mércores 28 e o xoves 29 de marzo realizaranse no Centro Sociocultural das Fontiñas dúas xornadas de avaliación densitométrica ósea. Estas sesións, que serán totalmente gratuítas, compleméntanse cunha charla orientativa sobre a osteoporose.

Estas xornadas están incluídas no Programa de avaliación e divulgación sobre a prevención da osteoporose organizado pola Fundación Educación Deporte e Saúde (FEDYS) e a Fundación Hispana de Osteoporose e Enfermidades Metabólicas (Fhoemo) , en colaboración coas concellerías de Deportes e Xuventude e de Familia e Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago.

Nestas dúas sesións abordarase a prevención desta enfermidade dende tres ámbitos de actuación: a prevención, a práctica do exercicio físico e a nutrición.

As densitometrías óseas realizaranse no Centro Sociocultural Fontiñas nos seguintes horarios:

- Mércores 28, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas.
- Xoves, 29 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas.
- O mércores 28 celebrarase unha charla informativa sobre a osteoporose no mesmo centro, ás 19:00 horas.

Compartir: