EDUCACIÓN

Segundo concerto familiar do ciclo didáctico "Os cantos do país do xeo"

17/03/2012 Un bo número de familias de Compostela participou no segundo dos concertos familiares do ciclo Os cantos do país do xeo. Un cuarteto da Escola Municipal de Música e a actriz Mónica de Nut, representaron este espectáculo de creación musical.

O concelleiro de Educación, Ángel Currás, valorou moi positivamente a receptividade das familias asistentes e confirmou o interese por manter estas actividades que, representan unha motivación importante para que os pais e as nais, e os pequenos, utilicen a cidade como un recurso educativo e unha oportunidade para a socialización dos máis pequenos.

O Departamento de Educación e a Fundación Torrente continúan a desenvolver diferentes colaboracións para a posta en valor dun equipamento cultural tan referencial para Compostela, e anuncian novas propostas para os próximos meses. Darase así continuidade a propostas de formación do profesorado, exposicións arredor da plática, información bibliográfica e posta a disposición de espazos deste equipamento para o desenvolvemento de propostas educativas.

Compartir: