MULLER

Continúan as actividades municipais con motivo do Día da Muller

09/03/2012 Seguen a celebrarse as actividades organizadas pola Concellería de Familia, Benestar Social e Muller con motivo do Día da Muller. Desta vez celebrouse un obradoiro na praza Roxa un obradoiro de creación de broches.

O taller de broches, cunha temática relacionada co Día da Muller, estaba destinado a un publico infantil, acompañado dos seus pais e nais. O obradoiro repetirase no mesmo escenario o sábado 10, ás 17:00 horas.

Os actos completaranse o 18 de marzo cun torneo de fútbol sala feminino. Nesta iniciativa, o Concellería de Muller ten a colaboración do Departamento de Deportes, da Agrupación de Deportistas Veteranos e da S.D. A Gaiola.

O torneo celebrárase nos pavillóns de Fontiñas e Pontepedriña entre as 10:00 e as 15:00 horas. A competición rexerase polas normas da Agrupación de Deportistas Veteranos. Ata o momento xa hai nove equipos inscritos: Gaiola Centro Deportivo, Milladoiro SD, CD Conxo, FC Meigas, París FSF, Gaiola Omotepan, La Salle e Mesón Río Ulla.

Para complementar esta actividade deportiva, realizarase un obradoiro de decoración de bolsas cunha temática relacionada tamén co Día da Muller. Está destinado aos nenos e nenas que acudan ao torneo acompañados dos seus pais en nais.

Compartir: