CULTURA

"Chamada desde o máis alá", de Fusa Guillén, no Teatro Principal

09/03/2012 Continúa a programación de Teatro&Danza da Concellería de Cultura con Chamada desde o máis alá, de Fusa Guillén. A obra, de Vilano Producións, poderá verse no Teatro Principal o sábado 10, ás 21:00 horas, e as entradas, a 10 € (6 € no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco e nas billeteiras do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas.

Chamada desde o máis alá, dirixida por Lúa testa, conta no seu elenco con Maite Da Costa, Helga Méndez, Carlos Basoa, e Fusa Guillén. É unha comedia ácida que, sen intención didáctica, non deixa de ser unha crítica ao aliñamento que sufrimos na sociedade actual debido as novas tecnoloxías. Faino a través da personaxe principal e a súa dependencia dos móbiles, chegando a situacións tan absurdas coma cómicas que serven de espello propio.

Vilano Producións
Vilano Producións nace no ano 2004 có propósito de apoiar e favorecer a creación no ámbito do teatro e a narración oral, levando aos escenarios textos propios e orixinais que permitan expresar as nosas inquedanzas actuais.

A compañía apoia tamén os novos talentos e permite un espazo de expresión á xente nova, chea de ilusión e que non ten medo de utilizar as novas tecnoloxías pare levar a cabo os seus espectáculos.

Compartir: