BENESTAR SOCIAL

O ciclo "MusiCompostela" comeza co concerto de Vizarros e Vicky Polard

09/03/2012 O sábado 10 de marzo, comeza na sala Moon, ubicada na rúa República Arxentina nº 25, o ciclo de concertos sen alcohol MusiCompostela, que se encadra no Plan Local de Prevención de Drogodependencias do Concello de Santiago.

MusiCompostela arranca coa actuación dos grupos composteláns Vizarros e Vicky Polar a partir das 22:00 horas, con entrada de balde. Seguirán outros sete concertos na Sala Moon nos que non se servirá alcohol, como forma de fomentar un ocio alternativo e saudable entre a mocidade compostelá.

O 30 de marzo terá lugar a segunda actuación con Drink and Tonic e Touret; xa para abril quedan os concertos de Manolo e Fillos e Lío e Mayu (día 13) e de The Free Riders e Free Lance (día 27). As seguintes convocatorias serán o 11 de maio, con Hellorice e Agoraphobia, e o 19 dese mesmo mes, con Labazada e Las Colillas Aquí. Pecharán o ciclo, o 1 de xuño, Crying Wolves e Erglis.

Documentos relacionados



Compartir: