CULTURA

Mostra pública do obradoiro de creación escénica "O texto como pre-texto"

29/02/2012 O xoves 1 e o venres 2 de marzo realizarase na Zona "C", ás 20:30 horas, a mostra pública do traballo realizado no obradoiro de creación escénica O texto como pre-texto.

En palabras de Carlos Álvarez-Ossorio, que impartiu o obradoiro, "non se amosará un resultado pechado, senón un traballo en proceso. Nel, os espectadores poderán ver a tres actrices (Olga Abad, Marga Alborés e Tero Rodríguez) enfrontándose a textos que falan sobre a memoria e a identidade, nunha busca por descubrir quen son realmente".

A mostra, que terá unha duración breve, de aproximadamente media hora, pecharase cun debate aberto aos asistentes sobre o proceso que se seguiu durante o obradoiro. A entrada será de balde, ata completar aforo.

Este obradoiro realizouse con motivo da estrea en Santiago de Mujer muerta caminando a cargo de Cámara Negra Teatro.

Compartir: