CONSORCIO

O Consorcio de Santiago e a empresa Clear Channel colaborarán na promoción publicitaria da Catedral en toda España

29/02/2012 O alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o presidente de Clear Channel Espana, Agustín Usallán Ortiz, asinaron un convenio de colaboración para a promoción da Catedral.

A empresa Clear Channel, dedicada á xestión de espazos publicitarios, vai colaborar co Consorcio de Santiago na promoción do patrimonio da cidade de Santiago de Compostela e da súa Catedral. A empresa vai ceder ao Consorcio un total de 2.000 caras publicitarias correspondentes a mobiliario urbano repartido por toda España e valoradas en 200.000 euros. Esta acción vincúlase coa política de patrocinio posta en marcha en relación ao 800 aniversario da Catedral de Santiago.

Documentos relacionados



Compartir: