TURISMO

O Fórum Gastronómico celebrou a súa concorrida primeira xornada

26/02/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugurou o Fórum Gastronómico Santiago 2012 xunto coa coselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo.

O Fórum Gastronómico converte a Santiago en referencia culinaria coa presenza de ata 17 cociñeiros galardoados con estrelas Michelín, entre eles Joan Roca, do restaurante El Celler de Can Roca, galardoado con tres destas distincións. Xunto a eles, outras importantes figuras das gastronomía española e galega.

No Fórum participan máis de 200 empresas, que nesta primeira xornada promocionaron os seus produtos entre o público xeral. As xornadas do luns e do martes están orientadas aos visitantes profesionais. Paralelamente, segue a desenvolverse o Fórum Cidade, con actividades en diversos lugares e establecementos da cidade.

Compartir: