ALCALDÍA

Entrega de premios aos gañadores do concurso escolar "Coñece o teu concello"

25/02/2012 O salón vermello de Raxoi acolleu a entrega de premios do concurso escolar Coñece o teu concello, organizado polo xornal La Voz de Galicia a través dos colexios, contando co patrocinio, entre outros, do Concello de Santiago. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu o acto.

Alumnos de ata 12 anos de idade de Santiago e bisbarra participaron neste certame de redacción e de debuxo. O seu obxectivo era fomentar a identificación dos escolares co seu entorno máis inmediato ao tempo que traballaban as suas destrezas expresivas.

O concurso tiña dúas categorías: ata 8 anos de idade e de 9 a 12 anos. Na primeira, o traballo consistía nun debuxo sobre calquera tema relacionado co municipio do participante. Na segunda, o traballo era unha redacción.

O primeiro premio en cada unha das categorías foi unha consola Wii. Os dous accésits recibiron como agasallo consolas Nintendo DS.

Compartir: