BENESTAR SOCIAL

Obradoiro sobre familia e saúde na Casa das Asociacións de Benestar Social

24/02/2012 A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, visitou os participantes no Obradoiro de Familia e Saúde, que se está celebrando na Casa das Asociacións de Benestar Social no marco do Programa Municipal de Intervención Sociofamiliar.

Este Obradoiro de Familia e Saúde ten o obxectivo de incrementar as competencias e destrezas das persoas participantes no coñecemento e manexo do sistema sanitario (atención primaria, servizo de urxencias), así como promover coidados da saúde e actitudes de prevención.

As sesións están dirixidas a persoas que participan no Programa Municipal de Intervención Sociofamiliar, así como a usuarias e usuarios dos Servizos Sociais Comunitarios que, tras a oportuna valoración dos técnicos, se considerou que poden beneficiarse desta acción formativa.

O Obradoiro consta inicialmente de tres sesións no mes de febreiro e unha final no mes de marzo. As sesións son conducidas por diferentes profesionais relacionados co ámbito da saúde e da súa prevención.

A segunda sesión, sobre A prevención en saúde, foi impartida por Sabela Gómez Billar, terapeuta ocupacional do Servizo de Atención Temperá. A seguinte sesión versará sobre Atención primaria e servizos especializados, axeitado uso do sistema e correrá a cargo de Isabel Redondo Zambrano, traballadora Social do Centro de Saúde de Vite.

Compartir: