TURISMO

Comezaron as actividades do Fórum Cidade

23/02/2012 No restaurante Curro da Parra, varios concelleiros asistiron ao comezo do Fórum Cidade coa actividade Fórum Tapas, dentro da cal 12 establecementos, gañadores dalgún dos premios das pasadas edicións de Santiago(é)tapas, ofreceron a súa Tapa Fórum, creada especificamente para o evento.

Durante o Fórum Tapas, 12 gañadores de Santiago(é)tapas elaborarán unha Tapa Fórum, a un prezo de dous euros. As primeiras persoas que completen a ruta recibirán unha cea nalgún dos restaurantes participantes. Para cubrir a ruta hai que cubrir o cupón incluído no folleto do Fórum Cidade, programa que durará ata o 28 de febreiro.

Compartir: