ENTROIDO

A queima do Meco puxo fin ao Entroido

22/02/2012 Rematou o Entroido de Santiago de Compostela coa tradicional queima do Meco na praza Roxa. Atrás queda un concorrido desfile e varios días cargados de actividades e animación en barrios e parroquias.

O Meco partiu ás 20:00 horas da praza do Toural, acompañado por comparsas e disfraces e por xentes vestidas de rigoroso loito. O boneco percorreu a rúa Nova, a rúa do Vilar, Doctor Teixeiro e República do Salvador, para chegar finalmente á praza Roxa. Alí ardeu para poñer fin ao Entroido. A música correspondeu á Banda Municipal e a animación a Mofa e Befa.

Direcciones relacionadas



Compartir: