ENTROIDO

Xornada dedicada aos nenos no Entroido

19/02/2012 A Sala Capitol acolleu o festival infantil do Entroido. Rapaces e rapazas de ata 14 anos desfilaron cos seus mellores disfraces nunha tarde chea de animación, sorrisos e moitas sorpresas.

A xornada abrírase xa ao mediodía coa animación de rúa a cargo da comparsa Os Conformistas de Conxo e a charanga Os Atrevidos, que logo repetiron pola noite. Antes, a Sala Capitol encheuse de xente para o festival infantil de disfraces, onde se premiaron os mellores grupos, parellas e traxes individuais. Os gañadores repartíronse agasallos en metálico, consolas, libros electrónicos, cámaras dixitais e equipos de música.

Remate do prazo de inscrición para o desfile
O luns 20, ás 14:00 horas, remata o prazo para inscribirse no desfile-concurso do martes de Entroido. As inscricións deben formalizarase na Concellaría de Festas (rúa Nova, 21. Teléfono 981 542 347. Fax 981 542 348).

Direcciones relacionadas



Compartir: