ENTROIDO

O Meco xa preside o Entroido dende os balcóns do Pazo de Bendaña

18/02/2012 Mofa e Befa deron comezo ao Entroido compostelán nunha praza do Toural ateigada de xente. Alí, nos balcóns do Pazo de Bendaña, o Meco preside xa unha celebración que este ano conta con festivais, desfiles, premios e moita animación nas rúas.

Antes do pregón, a animación xa comezara da man das comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño. Logo, o Meco emprendeu o seu camiño dende a praza de Cervantes, pasando polas rúas Nova e do Vilar, para chegar finalmente á praza do Toural. O boneco, levado en carruaxe de cabalos, foi acompañado no seu percorrido por comparsas, charangas e moito publico.

Logo de ser subido o Meco aos balcóns de Bendaña, Mofa e Befa abriron o Entroido co tradicional pregón. A animación puxérona as charangas Os Atrevidos, Os Celtas e BB+. Participou na apertura desta celebración o concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya.

Festival infantil
A xornada do domingo 18 abrirase ás 13:30 horas coa animación de rúa a cargo da comparsa Os Conformistas de Conxo e a charanga Os Atrevidos, que repetirán a partir das 20:00 horas. Ás 17:00 horas, na Sala Capitol e con entrada libre, festival infantil de disfraces para rapaces e rapazas de ata 14 anos. Haberá animación, baile-discoteca, concurso de disfraces, sorteo de agasallos e entrega de bolsas-cotillón. Premiaranse os mellores grupos, parellas e disfraces individuais.

Direcciones relacionadas



Compartir: