ALCALDÍA

Encontro cos representantes da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

17/02/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co vicepresidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Ángel Álvarez Prechous.

No encontro falaron de diversas cuestións, como a iniciativa das asociacións de antigos alumnos de cidades declaradas Patrimonio da Humanidade para colaborar na promoción das mesmas. Isto concretaríase, por exemplo, a través dunha páxina web común.

Tamén se abordou a posibilidade de buscar un lugar no Campus Vida para un novo "Recanto da Saudade", xa que o actual xa está repleto de placas. Este Recanto é un monólito de pedra no que, con motivo das vodas de prata e de ouro das diferentes promocións universitarias, se coloca unha placa como símbolo de regreso a Compostela dos antigos compañeiros. O proxecto fora idea do falecido doutor e intelectual Agustín Sixto Seco.

Compartir: