EDUCACIÓN

A Escola Infantil Municipal das Fontiñas celebrou o Entroido cunha festa medieval

16/02/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Educación, Ángel Currás, participaron na festa medieval organizada na Escola Infantil Municipal das Fontiñas con motivo do Entroido.

A Escola converteuse nun escenario medieval. Alí, as familias, o persoal educativo e os nenos e nenas dispuxeron dun conxunto de actividades que remataron cunha gran merenda para os participantes.

Ao longo da tarde, os nenos e familias participaron en diferentes talleres pensados para que, dun modo educativo, gozaran dun tempo de lecer. Entre outras, houbo actividades relacionadas co cine, con costumes do medievo e coa grastronomía.

Compartir: