VÍAS E OBRAS

Arranxado o problema de seguridade provocado polo deterioro das varandas na rúa do Pexigo de Arriba

16/02/2012 Atendendo a unha demanda veciñal de hai tempo, a Brigada de Vías e Obras solucionou un problema de seguridade na rúa do Pexigo de Arriba, motivada polo deterioro das varandas das beirarrúas. O concelleiro Juan de la Fuente visitou a zona para comprobar a actuación realizada.

Juan de la Fuente explicou que esta era unha vella demanda veciñal. Mesmo recordou que o deterioro das varandas tivera provocado caídas e lesións a algún viandante. A Brigada actuou sobre 35 metros da rúa.

Compartir: